José Corral, gandeiro de Friol, non dubida de que tomaría a mesma decisión se tivese que escoller outra vez
16 abr 2019 . Actualizado ás 17:43 h.José Corral ten unha explotación con vacas de carne e con pavos. As ave cóntanse por milleiros, mentres que as vacas de carne non chegan ás tres ducias. Fóra das cifras hai algo tamén certo: séntese satisfeito de terse incoporado á explotación. Estudou frío industrial, e recoñece que o aprendido lle serve no traballo cotián.
-É o traballo diario como supoñía ou levou algunha sorpresa?
-Non levei sorpresa ningunha. Gústame isto. Se tivese que elixir, faríao outra vez.
-Ten calidade de vida?
-Si. Non podo coller e marchar un mes de vacacións, pero teño un horario. Se un luns estás enfermo. non tes que pedir permiso a ninguén. Economicamente, algo máis sacas que se foses un traballador normal.
-Cre que hoxe se ve o traballo do campo con máis respecto?
-Non me considero inferior a ninguén por estar aquí. Hoxe hai medios e máquinas; non todo ten que ser duro. Non podes pechar a porta o venres ás sete da tarde e volver o luns ás nove da mañá; pero tamén hai unha vantaxe: hai certa flexibilidade.
-Hai futuro no campo?
-Si. Haino. No campo pódese vivir perfectamente, igual ca nouro sitio.