Lalín activa o procedemento para o arranxo de 19 pistas por 375.000 euros

La Voz LALÍN / LA VOZ

COSPEITO

14 may 2019 . Actualizado ás 21:56 h.

A xunta de goberno local aprobou esta semana en Lalín o prego que rexerá o concurso para a adxudicación das obras en 19 pistas por un montante duns 375.000 euros. Os traballos financiaranse con cargo aos fondos procedentes do Plan Concellos. O goberno local considera que o procedemento de licitación abrirase nesta semana e a partir dese trámite as empresas interesadas poderán xa empezar a presentar as súas ofertas.

Neste novo paquete inclúese a pavimentación con formigón do camiño Casa do Monte-Bustelos, o reforzo do pavimento en Cotarelo, o afirmado do camiño en Montserrat, o recrecido do pavimento da pista de Moneixas na zona do local social e da contorna da igrexa, unha rampla en Gondoriz Grande, na parroquia de Vilatuxe e o camiño á granxa de Madriñán. Á lista súmanse obras na pista do Espiño ao polígono Lalín 2000, a de Maceira ao límite de Pedroso, unha rampla no camiño en Rodelas, o camiño Lagazós-Alfonselle. A relación inclúe e traballos de mellora na rúa do Chorón, Os Acibros e rúa Antonia Ferrín (antiga rúa D), xunto con pavimentaciones no tramo da pista de Val do Carrio, a do campo de fútbol de Cercio, a de Cangas á pista de Cancelas, a de Castro de Arriba, a de Saborida e un camiño en Barciela.

Desde o Concello apúntase que estas actuacións se suman «ao preto de 700.000 euros, procedentes dous remanentes» que se están executando tras un acordo co PP, nunha trintena de pistas noutras tantas parroquias e lugares. Nestas semanas, o Concello está a executar numerosas actuacións. Entre elas obras de mellora na pista que vai de Lebozán a Igrexa, a de Castro á Lagoa ou a de Barcia a Outeiro.

A elas súmanse outras moitas como a de Muimenta a Lamas de Cadrón, na de Madriñán á Grela, a de Igrexa e cruceiro en Anzo, a praza da igrexa de Goiás, o acceso de San Xurdo a Cristimil, a pista do alto de Selo a Fontecabalos, a de Outeiro Hermida a Filgueira, a da canteira de Alperiz a Val do Boi, a da caseta-Xaxán, a do acceso norte á igrexa de Bendoiro, o camiño de travesía da Corredoira, a pista de Soutolongo a Ludeiro, a de Palio de Abaixo ou a realización dun muro en Galegos. Unha relación á que se engaden outras 16 actuacións máis.