O incendio de Cervantes segue sen ser dominado

X.M.P., T.T. LUGO

CERVANTES

BRIF IGLESUELA

O lume obrigou a cortar unha estrada que vai a Piornedo

15 oct 2017 . Actualizado ás 13:02 h.

O incendio que afecta o municipio de Cervantes segue descontrolado. As chamas hanse avivado durante a noite, e a inquietude entre veciños vai tamén en aumento. A situación obrigou mesmo a cortar unha estrada que conduce a Piornedo, pechada ao tráfico dede ao redor das dez da mañá.

Monte raso pero tamén arboledo é o esnaquizado polas chamas, en cuxa extinción traballaron onte varios helicópteros. Mesmo se desprazou unha brigada procedente de Toledo.