É o único recinto, xunto con Salamanca, con presenza de catro especies animais

La Voz

CASTRO DE REI

24 jun 2019 . Actualizado ás 00:18 h.

O mercado de Amio é xunto ao de Salamanca o único que suma concorrencia de catro especies diferentes. Así, ás cabezas de vacún -maioritarias-, únelle ovino/caprino, porcino e equino. Tras o vacún, os cabalos sitúanse como a especie con maior frecuencia en Amio. Ademais, é o único ámbito no que creceu a asistencia respecto ao 2017, xa que foron 80 máis, ata situarse en 975. Isto manteno en segundo lugar por concorrencia de todos os recintos, segundo os datos de Asemga, só por detrás de Torrelavega, que acadou os 1.403. O terceiro lugar é para León, con 837.

Amio lidera con claridade a comercialización de porcino, con 682. Esta cifra supón 107 menos que no exercicio anterior. Só a outros dous mercados véndense porcos: Castro de Rei (167 durante o 2018) e Salamanca (64). Para rematar, a presenza de cabezas de gando ovino e caprino é case testemuñal, só 42 -foran 81 un ano antes-.