Trámites para que o centro de patoloxía dual de Castro poida abrir este ano

Xosé María Palacios Muruais
Xosé María Palacios VILALBA / LA VOZ

CASTRO DE REI

Óscar Cela

Núñez Feijoo visitou as instalacións do servizo e as do centro de día e da residencia de dano cerebral

07 jun 2023 . Actualizado ás 19:42 h.

A Fundación de dano cerebral (Fudace) confía en abrir antes de ano o centro de patoloxía dual de . Castro de Ribeiras de LeaAs instalacións están listas, e prevese que proximamente a Xunta convoque un proceso para licitar prazas dese tipo de asistencia. O presidente de Fudace, Luis Abelleira, afirmou que a entidade se presentaría ao concurso, co que, agregou, os trámites quedarían resoltos antes de fin de ano.

Esas declaracións de producíronse ao final dunha visita que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, realizou o venres ás instalacións, así como ao centro de día e á residencia de dano de cerebral, atendidas por Fudace e pola Cruz Vermella. En total, son 87 as persoas que reciben coidados neses servizos, O presidente da Xunta definiu como exemplo de colaboración o traballo de , Castro de Ribeiras de Leaonde se trasladou tamén a conselleira de Política Social, Fabiola García. Tamén participaron na visita o alcalde de , Castro de ReiFrancisco Balado, e o delegado da Xunta, José Manuel Balseiro.