Pesar e solicitude de homenaxes en en Castro de Rei a morte de Darío Rivas

Xosé María Palacios Muruais
Xosé María Palacios VILALBA / LA VOZ

CASTRO DE REI

ALBERTO LÓPEZ

O PSOE solicita unha rúa co seu nome e o BNG propón a declaración de fillo predilecto

19 abr 2019 . Actualizado ás 20:36 h.

A morte de Darío Rivas non pasou inadvertida en , Castro de Reimunicipio onde o seu pai, Severino Rivas, foi alcalde durante a Segunda República. O PSOE mostrou o seu pesar pola morte dunha «persoa de ben» e eloxiado a súa conduta ademais de solicitar que se lle dedique unha rúa. Os socialistas lembran que  Darío Rivas loitou por recuperar os restos e dignificar a figura do seu pai «sempre dende o respecto e nunca buscando vinganza» . En hai Castro de Ribeiras de Lea unha rúa dedicada a Severino Rivas, e o PSOE non ten dúbida de que a súa proposta sairá adiante por unanimidade.

O BNG solicitará que Darío Rivas sexa declarado fillo predilecto e que se lle dedique un espazo nun lugar sinalado do municipio.