A conselleira de Política Social eloxia o labor da Cruz Vermella e de Fudace en Castro de Ribeiras de Lea 

Xosé María Palacios Muruais
Xosé María Palacios VILALBA / LA VOZ

CASTRO DE REI

PALACIOS

Fabiola García visitou o centro de dano cerebral e as obras do de patoloxía dual

04 mares 2019 . Actualizado ás 13:13 h.

A conselleria de Política Social, Fabiola García, considera que a Cruz Vermella e a Fundación de dano cerebral (Fudace) desenvolven un excelente labor en , Castro de Ribeiras de Leaonde atenden senllas residencias, situadas no mesmo recinto. Ese eloxio foi expresado esta mañá na localidade chairega, onde se desprazou para visitar eses servizos máis as obras do centro de patoloxía dual. Esas instalacións están situadas na mesma zona que as outras, en terreos situados ao lado da estrada LU-113 (Rozas-Abadín) e os seus traballos avanzan xa na última fase, pendentes só da construción dunha nova depuradora.

A Xunta ten prazas concertadas neses centros, como lembrou a conselleira. Na visita estivo acompañada polo presidente provincial da Cruz Vermella e de Fudace, Luis Abelleira, e pola directora da unidade de dano cerebral, Esther Engroba, así como por cargos do seu departamento.