A Xunta só acabou no 2018 dúas das parcelarias previstas en Lugo

Xosé María Palacios Muruais
XOSÉ MARÍA PALACIOS VILALBA / LA VOZ

CASTRO DE REI

PALACIOS

Medio Rural prevé concluír este ano senllos procesos en Castro de Rei e O Valadouro

03 mares 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Rematouna o ano pasado dúas concentracións parcelarias na provincia: acabaron as de ( Pousada Baleira) e Ramil (Castro de Rei), o que supuxo só un terzo do previsto. A finais do pasado verán [ver La Voz de Galicia do 17 de setembro] contábase con acabar seis. Os plans para este ano son similares en canto a diminución das expecativas: segundo informacións facilitadas por en Medio Rural días pasados, confíase en concluír dúas parcelarias, as de (C San Xiao de Mos astro de Rei) e de ( Frexulfe O Valadouro) cando os plans trazados en setembro do 2018 apuntaban ao final de sete concentracións.

Tanto as concentracións acabadas no ano pasado como as que teñen a súa conclusión proxectada para leste mostran características bastante diversas. A de ( Pousada Baleira), rematada no 2018, executouse sobre un total de 1.210 hectáreas, o que supón máis dun 50% máis de extensión que a de Ramil (Castro de Rei), que abarcou 767 hectáreas. Esa, en cambio, superou a aquela en número de propietarios, 266 e 177 respectivamente.

Polo que se refire ás concentracións deste ano, a de ( Mos Castro de Rei) case cuadriplica á Frexulfe de (O Valadouro) en extensión: a primeira abarca 435 hectáreas, e a segunda, 118. Menos rotunda, en cambio, é a diferenza de propietarios de terreo entre unha e outra: a primeira afecta a 270 donos, e a segunda, a 191.

Mentres tanto, nun municipio como Castro de Rei, cunha parcelaria acabada o ano pasado e con previsión de final para outra en leste, hai movementos en dúas parroquias. Nunha delas, a de , Triabáfoi necesario repetir os trámites de impacto ambiental, e as investigacións de propiedade avanzaron con lentitude ao comprobarse que aparecía un bo número de leiras con dono descoñecido. O proceso agora parece canalizado.

En está Viladonga solicitada de novo: pediuse por segunda vez no 2016 tras un primeiro intento no 2005. O alcalde deste municipio chairego, Francisco Balado, destaca que xestos como ese reflicten un cambio de mentalidade dos propietarios fronte a décadas pasadas, aínda que tamén lamenta que os trámites administrativos acaban sendo ás veces un freo ás aspiracións de donos de leiras.