Malestar en Castro pola montaxe dos Pepa Pig de Italia en zona de autocaravanas

TANIA TABOADA LUGO / LA VOZ

CASTRO DE REI

Alberto López

Autocaravanistas denuncian que unha familia leva máis dun mes usando un espazo público para un fin particular

13 dic 2018 . Actualizado ás 19:40 h.

Malestar entre os autocaravanistas de Castro de Rei polo asentamento dunha familia italiana nun aparcadoiro mixto e área para pasa a noite destes vehículos.

A familia, dedicada á realización de espectáculos infantís (mestura de circo, malabaristas, pallasos, personaxes animados...) presentouse na zona hai máis dun mes e alí segue. Estacionou os seus tres vehículos (con placas de matrícula de Italia, Madrid e Portugal), escolarizou a algún dos seus fillos no colexio do pobo e facendo uso de servizos gratuítos como wifi e corrente, fai a súa vida.

Esta situación indigna aos autocaravanistas da zona, que denuncian a utilización dun espazo público de forma particular. Engaden ademais, que dado a montaxe que teñen establecido na área asustan aos demais usuarios. «Un día vin a baleirar o inodoro da miña autocaravana e non puiden porque tiñan unha mangueira con brida amais e non deixaban bascular a tapa», explica el autocaravanista, Jesús Gallego. «Días despois veu un compañeiro a facer o mesmo e tampouco puido, polo que lle advertiu ao pai desta familia que lle ía a retirar a mangueira para poder baleirar. Cerroulle a billa e agrediuno. Tivo que vir a Garda Civil», explica este afectado.

Segundo o relato doutro autocaravanista, ao pouco tempo deste encontrón cambiouse a mangueira e agora pódese baleirar. «É certo que a familia non ocupa toda a área e quedan espazos para que estacionen outras autocaravanas, pero ao ver todo este asentamento aquí non para ninguén. A xente chega aquí ve o ambiente e vaise porque isto da unha imaxe nefasta», afirma estoutro afectado, que trae a colación a ponte da Constitución, cando chegaron varios autocaravanistas de diferentes países e ao ver o escenario continuaron a súa ruta. «Chegou unha autocaravana de Dinamarca, quedou mirando e seguiu o traxecto. Esta é unha área de paso, aquí ninguén ven para quedarse días pero agora nin paran», explican estes afectados, que insisten en que a área non é para asentarse e que son 48 horas o máximo que se pode permanecer nela.

«Estamos aquí de paso»

Pola súa banda, Franco Minetti, o pai desta familia italiana, asegura que dispón de autorización para estar acampado na zona. «Desde o concello hanme autorizado para estar aquí. No mes de setembro xurdiume un problema de colon e estanmo tratando no Hospital de Santiago de Compostela. Vou dúas veces á semana para que me poñan a medicación. Rematarei o día 22 deste mes e despois de Nadal conto con marcharnos de aquí», explica este italiano que segundo indica viño a parar a Castro de Rei porque tivo que irse doutros sitios por problemas de obras», explica este animador infantil, que asegura que está aquí de paso e por unha enfermidade.

Desde o Concello indican que lle autorizaron permanecer uns días na zona dados os seus problemas de saúde pero xa consideran a situación un tanto abusiva.