Castro de Rei sacará a concurso a xestión da residencia xeriátrica

Xosé María Palacios Muruais
XOSÉ MARÍA PALACIOS VILALBA / LA VOZ

CASTRO DE REI

PALACIOS

Mensaxeiros da Paz atende as instalacións desde que empezaron a funcionar

26 oct 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello de está Castro de Rei preparando o prego de cláusulas para sacar a licitación da residencia xeriátrica da capital do municipio. As instalacións, próximas a cumprir cinco anos de funcionamento, están xestionadas desde a súa inauguración pola asociación Mensaxeiros da Paz, que asinou un convenio co Concello.

A próxima licitación do servizo non se decidiu por reparos municipais á xestión desa entidade, cuxo traballo eloxiou onte o alcalde, Francisco Balado. O que pretende o Concello, dixo o rexedor, é adaptarse á nova lexislación de contratos, o que tería consecuencias favorables para a entidade adxudicataria do servizo.

Segundo o alcalde, o novo contrato fará que á empresa ou asociación que se encargue da residencia resúltelle máis doado lograr un acordo coa Xunta para concertar prazas, algo que agora non ocorre. A capacidade da residencia rolda as 60 prazas, con persoas asistidas e válidas, e o grao de ocupación adoita ser moi alto, precisou Balado.

A construción do xeriátrico levou a cabo na pasada década por iniciativa do Concello, sendo alcalde Arturo Pereiro. Para iso aproveitouse o edificio das antigas escolas, xunto ao actual CEIP Ramón Falcón. O Concello pediu, no 2005, un préstamo de 1,7 millóns de euros, que se asinou con , Caixa Ruralpara cubrir a parte que lle correspondía achegar a Mensaxeiros da Paz nas obras.

O canon que abona esa entidade todos os meses permite ao Concello ir recuperando esa cantidade, á que se lle suman os intereses. Mentres tanto, o Concello xa acordou, nun pleno de hai meses, a cancelación do préstamo.

A cantidade que paga actualmente Mensaxeiros da Paz é similar á que se manterá, segundo apuntou Balado, no prego de cláusulas agora en preparación. O alcalde prevé que os trámites estean listos nos primeiros meses do 2019. A duración do contrato será seguramente de dez anos.

Que outra empresa se fixese coa concesión da residencia podería supor, en principio, a marcha de Mensaxeiros. No entanto, hai un precedente que deixa aberta a posibilidade de continuar no municipio: o Concello sacou a licitación a xestión da escola infantil de , Castro de Ribeiras de Leae como o concurso quedou deserto, seguiu encargándose a empresa que a estaba atendendo.