Un incendio destrúe por completo unha casa en Begonte

La Voz LUGO / LA VOZ

BEGONTE

Carlos Castro

Ocorreu a medianoite e ningunha persoa resultou ferida

06 dic 2019 . Actualizado ás 18:35 h.

Un incendio destruíu esta madrugada unha casa en Begonte. Afortunadamente, no momento de iniciarse o lume non había ninguén no interior do inmoble, polo que non houbo que lamentar danos persoais.

Sobre a medianoite, os axentes da Garda Civil informaban ao 112 da súa saída. Indicaban que recibiran o aviso dun alertante que informaba dunha casa ardendo e situada ao redor do punto quilométrico 4 da LU-541, en Damil.

Carlos Castro

Con estes datos, o 112 Galicia informou aos Bombeiros de Vilalba e ao Servizo de Urxencias Sanitarias-061 de Galicia, por se fose precisa a súa intervención nalgún momento.

Finalmente, preto das tres, os bombertos comunicaban ao 112 o remate das tarefas de extincion, refrigeraron a zona e confirmaron que a casa ardera na súa totalidade.

Carlos Castro