Asaltan un bar en Begonte e levan mil euros en tabaco

TANIA Taboada LUGO / LA VOZ

BEGONTE

Óscar Cela

Os cacos tamén subtraeron unha televisión e diñeiro da caixa

25 oct 2019 . Actualizado ás 09:04 h.

O bar Cereixo, situado na Rúa do Concello, no municipio de Begonte, foi vítima dun roubo na madrugada de onte. Autores descoñecidos accederon ao interior do establecemento tras romper a fechadura da porta principal e foron á máquina do tabaco, de onde levaron aproximadamente mil euros. Ademais, subtraeron 50 euros que se atopaban no interior da caixa rexistradora e unha televisión.

No momento do asalto, os propietarios durmían apraciblemente e non se decataron de nada a pesar de vivir amais do local. Foi o repartidor de La Voz de Galicia o que alertou do sucedido tras acudir ao bar a deixar o diario e ver a porta aberta.

Por outra banda, o bar Brétema de Rábade, tamén sufriu unha tentativa de roubo na madrugada de onte. Aínda que os ladróns non conseguiron facerse co seu botín, provocaron diversos danos materiais, que actualmente valoran os propietarios.