O Festival da Amizade reúne a 130 músicos este sábado en Antas

ANTAS DE ULLA

rober amado

Participarán grupos de música folk de Galicia e Portugal

02 sep 2018 . Actualizado ás 22:54 h.

Antas de Ulla reunirá a cerca de 130 músicos no Festival da Amizade Musical, que se celebrará este sábado a partir das 17.00 horas. A programación foi presentada nos xardíns da Deputación pola representante do festival, Susana Diéguez Valladares, e a deputada de Cultura, Pilar García Porto. De feito, o goberno da Deputación de Lugo colabora con este festival aportando 2.500 euros e a cartelería. Na cita musical participarán grupos de música folk de Galicia e Portugal.

Programación

· 17.00h. Danças e Cantares de Modivas, de Vila do Conde (Portugal)

· Máis tarde. Asociación Cultural Fiadeira

· 19.00h. Tres grupos de Cantos de Taberna polos bares da vila

· 23.00h. Odaiko, con Vanesa Muela, A Murga das Cántigas. Nas Canteiras. Odaiko é un cuarteto de percusión galego que explora a tradición musical desde o punto de vista da percusión multiétnica. Contarán coa cantante e percusionista Vanesa Muela.