Dúas comunidades unidas por unha feira

T.T; MANUEL FERNÁNDEZ LUGO/ LA VOZ

A Fonsagrada

MANUEL FERNÁNDEZ

Case mil presentas acudiron o venres á feira de Santa Ana, en La Garganta, un lugar que une Asturias e Galicia

28 jul 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Un espazo rodeado de monte e con tan só unha casa habitada pero que todos os 26 de xullo reúne por centos de paisanos. Galegos e asturianos cítanse nesta data na celebración da feira de Santa Ana en La Garganta, un lugar situado a 60 quilómetros da Fonsagrada e a 19 de Vegadeo, que desde primeira hora da mañá ata as sete da tarde, reúne a tratantes de gando, transportistas, artesáns, hostaleiros e visitantes. Nesta edición, o evento xuntou a preto de mil persoas e a máis de 200 cabezas de gando vacún e cabalar.

Gerardo Abraira, de 48 anos de idade, é un transportista da Fonsagrada que leva asistindo á feira hai 28 anos. Dedícase ao transporte de vacas de vida, é dicir, reses para a produción de carne e non para o sacrificio. O venres cargou en tres dos seus camións 36 vacas coas súas correspondentes crías (unhas 24) para minutos despois descargalas no recinto feiral. «É unha feira tradicional que xa un non recorda cantos anos leva celebrándose», indica Abraira.

Máis de 1.500 euros cada res

José Luis, de 58 anos, é un tratante con diversas actividades na Fonsagrada que compra a produtores asturianos reses e logo véndeas en feiras deste tipo. Leva 18 anos acudindo a esta cita en La Garganta e indica que mentres poida seguirao facendo. «Teño ido a esta feira con 30 vacas. O venres levei dez e vendín seis. Destas, a que foi para máis lonxe foi para A Mariña, concretamente para Cervo», explica este tratante, que indica que o prezo por res oscila entre os 1.500 e 2.500 euros.

Hostaleiros, pulpeiros e demais autónomos tamén fixeron a súa xornada neste curioso lugar.