Veciños da Fonsagrada limpan a Alameda tras o temporal

La Voz

A Fonsagrada

MANUEL

Quedaron por WhatsApp durante a semana para poder retirar os efectos que deixou a nevada da pasada fin de semana

04 novs 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Un grupo de veciños da Fonsagrada realizaron onte á primeira hora da tarde a limpeza das ramas que caeron a pasada fin de semana tras o temporal de neve. A consecuencias puidéronse comprobar coa gran cantidade de ramas que caeron sobre esta zona verde da vila, que quedou totalmente cuberta. Os veciños, a través dun grupo de WhatsApp, puxéronse de acordo para reunirse onte sobre as 16.30 horas e limpar as desfeitas que deixou o temporal. Reuníronse unha ducia de persoa do barrio que se encargaron de cortar as ramas partidas, xuntalas, así como as follas, e despexar polo menos o paseo central da Alameda. Todo un exemplo de como os cidadáns se pode mobilizar para mellorar a súa contorna, e máis cando o Concello da Fonsagrada ten que atender estes días as innumerables urxencias de vías que incomunican as parroquias.