Que facer o mércores 29 en Lugo

Laura López LUGO / LA VOZ

LUGO

Bala
Bala cedida

O dúo Bala ofrecerá un concerto a ritmo de «punk rock» e Bico de Grao retoma o Mercadiño de Troco

28 sep 2021 . Actualizado ás 20:20 h.

Concerto, mercadillos, animación de rúa e espectáculo de lume son algunhas das alternativas de lecer para este mércores 29.

Concerto de Bala

O dúo Bala, integrado polas artistas galegas Ánxela Baltar e Violeta Mosquera, ofrecerán un concerto no Auditorio Municipal Gustavo Freire a ritmo de punk rock, con guitarra eléctrica e batería. A actuación, prevista para as 20.30 horas, será o punto de partida da programación do convenio Lugo Cultural. No concerto, ademais, presentarán o seu terceiro e último álbum, Maleza, con nove temas, entre os que se inclúe Axitar, un dos temas máis soados. O acceso é libre e gratuíto, previa reserva en cultura.lugo\usc.é. A capacidade máxima do auditorio para esta actuación está limitado a un máximo de 325 persoas. Precisamente con este concerto ponse tamén en marcha a nova campaña do Concello para promocionar o uso do autobús urbano nas actividades culturais.

  • Onde: Auditorio Municipal Gustavo Freire

  • A que hora: 20.30

 Mercadiño de Troco

Por outra banda, Bico de Grao e o Banco de Tempo de Lugo retoman un dos seus clásicos: o Mercadiño de Troco, o mércores 29 e o xoves 30 de 17.00 a 20.00 horas en Bico de Grao. Trátase dunha xornada de intercambio á que se pode levar todo aquilo que non se use (limpo e en bo estado) e tomar o que se precise: roupa, electrodomésticos, libros, xogos, bonecos, música, accesorios...

  • Onde: Bico de Grao

  • A que hora: de 17.00 a 20.00

Festas en Monterroso.

Asacocirco y su espectáculo «Circo do Lume»
Asacocirco e o seu espectáculo «Circo do Lume»

En canto a Monterroso , celebran o Día de San Miguel con varias actividades. Haberá animación de rúa e polos bares da vila, a cargo da Charanga Niloverde. Ademais, de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas terá lugar a exposición Kinetiko de Autómatas, no escenario da Cúpula. A misa será ás 12.00. Pola tarde, ás 19.00 horas actuará a orquestra Os Players. A festa rematará coa actuación da Compaña Asacocirco e o seu espectáculo de acción Circo de Lume, para todos os públicos. Será ás 22.00 horas na Praza Antonio Rojo Losada.