Uns 2.000 afeccionados estiveron no Pazo

Luis Conde MONFORTE / LA VOZ

LUGO

Óscar Cela

20 sep 2021 . Actualizado ás 21:59 h.

Uns 2.000 afeccionados déronse cita nas bancadas do Pazo para vivir de primeira man o ansiado regreso do Río Breogán á ACB. E non foron suxeitos pasivos. Ao contrario, desde que os discípulos de Paco Olmos saltaron á pista estiveron coreando os seus nomes e animándoos continuamente.

Sin duda, a afección foi clave e levou polo aire aos seus a unha vitoria histórica. E é que O Pazo aspira a converterse nunha cancha inexpugnable para os rivais. A afección quere ser o xogador número seis. Sábeno xogadores, técnicos e directivos, que consideran que a clave para conseguir a permanencia con solvencia pasa por ser fortes en casa.

Ao final acenderon as lanternas dos seus teléfonos móbiles como homenaxe ao gran traballo dos seus xogadores.