«Outra rolda»

Suso Varela Pérez
suso varela CRÍTICA DE CINE

LUGO

17 abr 2021 . Actualizado ás 11:26 h.

Dinamarca. 2020. Thomas Vinterberg . Mads Mikkelsen, Bo Larsen, Magnus Millang, Lars Ranthe, Maria Bonnevie. Non entendo o éxito que está a ter entre a crítica a última película de Vinterberg, autor de obras extraordinarias, como a inquietante «A caza» e a explosiva «Celebración». E non o comprendo porque precisamente rompe unha das premisas do cine do director danés, que nas súas grandes obras ha apostado polo atrevemento, por ser incisivo e por deixar un resaibo amargo no espectador.

En «Outra rolda» aborda entre a comedia e o drama o grave problema do alcoholismo, disfrazado ao comezo como un experimento, pero que no fondo para nada trátase dun xogo se non dun drama que esnaquiza vidas humanas. Os efectos perversos do alcol coñecémolos e fixéronse películas máis ou menos acertadas sobre o tema. Que achega de novo Vinterberg?

Fóra do redundante inicio, de mozos bebendo ata emborracharse, a película comeza cunha idea potente: como a vida de catro profesores (estupendos actores, especialmente o portentoso Mikkelsen) que superan os 50 anos non se converteu nos que agardaban e acabaron no aburrimento familiar e na falta de ilusión. Será o alcol o xeito de acender a faísca desa vida baleira. Pero logo prosegue por camiños melodramáticos previsibles que acaban nunha vergoñosa escena de enterro. A pesar diso, a película é interesante polo tema, a repartición e porque Vinterberg sabe dirixir.

Codex Cinema