Asociacións de Baamonde seguen criticando o plan municipal de pechar o colexio

X.M.P. VILALBA / LA VOZ

LUGO

Una de las protestas de los padres y alumnos frente al colegio de Baamonde
Unha das protestas dos pais e alumnos fronte ao colexio de Baamonde Carlos Castro

Afirman que o edificio ten máis amplitude que o de Begonte

23 ene 2021 . Actualizado ás 21:12 h.

O anpa do colexio de Baamonde e a asociación de veciños da localidade seguen criticando o plan do Concello de pechar o colexio. A proposta, avanzada en semanas pasadas polo alcalde, debateuse o venres en pleno e foi aprobada: os nove votos do PP impulsaron a iniciativa fronte á oposición dos dous edís do PSOE.

Os dous colectivos volven considerar erróneo a formulación do goberno local; sosteñen que o centro docente de Baamonde ten máis espazo que o de Begonte e que a proporción de alumnos por profesor aumentaría co peche.

O plan do Concello consiste en que o colexio de Baamonde se peche e que o edificio acolla un conservatorio e un auditorio. O conservatorio crearíase sobre a escola de música que Begonte comparte con Rábade e con Outeiro de Rei, e tanto esa idea como a de construír un auditorio no edificio foron expostas polo rexedor, José Ulla, á Xunta. Pais de alumnos convocaron varias protestas en Baamonde contra o peche do colexio, e aseguran que o debate do pleno do venres resultou «bochornoso».