A provincia de Lugo rexistra máis de 100 contagios nun só día

Uxía Carrera Fernández
UXÍA CARREIRA LUGO / LA VOZ

LUGO

El municipio de Lugo vuelve a estar en nivel de riesgo alto
O municipio de Lugo volve estar en nivel de risco alto Carlos Castro

Os casos activos seguen batendo marca e o 53% dos concellos están en niveis de incidencia de risco

20 ene 2021 . Actualizado ás 13:51 h.

Os casos activos xa superaron os máximos da segundo onda e continúan en ascenso. Segundo a actualización de Sanidade deste mércores, a provincia rexistra 1.287 casos activos, son 77 máis que a xornada anterior. En apenas 24 horas, producíronse 104 novos contagios, o que aumenta a tendencia da última semana, cando roldaban os 80 ou 90 contagios. 

Os hospitalizados suman 38 e oito na uci, un máis que onte. Os ingresados no hospital da Mariña, con 19, xa superan aos do HULA, que son 16. Neste centro da capital lucense, atópanse os ingresados na unidade de coidados intensivos. No hospital de Monforte, hai dúas persoas hospitalizadas. Os falecidos desde o inicio da pandemia suman 157.

O 53% dos concellos da provincia están en niveis de incidencia de risco

Tres municipios máis que onte están nun nivel alto ou moi alto segundo a súa incidencia polos contagios notificados nos últimos 14 días. Suman 36 municipios, o que significa que o 53 % da provincia está en risco.

Atópanse en nivel máximo un total de 22 concellos, é dicir, cunha incidencia de máis de 250 casos por cada 100.000 Son os seguintes: Bóveda, Cervo, Chantada, Guntín, Xove, Láncara, Meira, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Ourol, Palas de Rei, A Pastoriza, Portomarín, Ribas de Sil, Riotorto, Rábade, Sarria, O Vicedo, Vilalba, Viveiro e Burela.

Entre eles, destaca a localidade de Sarria. O pasado venres os contagios rexistrados eran 18 e este martes ascenderon ata 42. Pasando dunha incidencia de entre 50 e 150 casos a máis de 250 nunha semana.

Os concellos que se atopan en nivel alto son 14, dous máis que onte. No seu caso, a incidencia é de entre 150 a 250 casos por cada 100.000 habitantes. Son os seguintes municipios: Outeiro de Rei, Pantón, Ribadeo, Sober, Taboada, O Valadouro, Begonte, Castro de Rei, Castroverde, O Corgo, O Incio, Lugo, Monterroso, Baralla.

O municipio de Lugo segue sendo a única das sete cidades galegas por baixo dos 200 casos por cada 100.000 habitantes. Aínda así, desde o venres, cando se estableceron as novas restricións, pasou de 124 casos aos 164 actuais.

O Sergas estuda facer un cribado poboacional en Vilalba

Ramón Ares, director da área sanitaria de Lugo, explicou este martes os beneficios que tería facer un cribado poboacional en lugares afectados polo covid-19. Un deles é Vilalba, un dos municipios máis golpeados nesta terceira onda en toda a provincia de Lugo.

Ares explicou que o obxectivo de todos os cribados poboacionais é o de . «atopar positivos entre la poboación asintomática, que poden ser transmisores e que estarían mantendo a continuidade da infección na zona»Non se referiu directamente a Vilalba, pero comentou que «non se podía detectar a moitos contaxiados que permanecen ocultos para poder ter máis información antes de poder traballar con eles e facer as corentenas necesarias, co que se intentaría disminuir a transmisión da enfermidade».

O Concello pediu fai uns días este cribado, xa que considera que é necesario detectar aos asintomáticos vilalbeses, sobre todo pensando nos empregados dos comercios e do sector servizos en xeral.

Estabilízase en 53 casos o brote da residencia da Pastoriza

Segundo datos do Sergas relativos a este martes, a residencia de San Bartolomeu de Xove rexistrou catro novos positivos nas últimas 24 horas, que suman un total de 30. Todos son usuarios. Tamén suma un contaxio a Residencia de Persoas con Discapacidade Aseme, de Chantada, e a de Burela dá como curado a un traballador. Non houbo ningún caso máis na Pastoriza, unha das que máis preocupaba, e mantense con 53. Na Mariña, a residencia San Sebastián e San Lázaro de Ribadeo conta con oito maiores contaxiados e cinco traballadores.

En canto aos colexios, a área sanitaria de Lugo conta agora mesmo con 168 casos entre o alumnado. Ademais, tivo que pechar dúas aulas, unha na Escola Infantil de Sarria e outra no CEIP Menéndez Pelayo de Lugo.