Carrefour pecha a súa gasolineira

Lorena García Calvo
Lorena García Calvo LUGO / LA VOZ

LUGO

La gasolinera amaneció cerrada
A gasolineira amenceu pechada ÓSCAR CELA

Cumpre así coa sentenza que lle obriga a cesar a actividade e repor a legalidade

19 ene 2021 . Actualizado ás 23:08 h.

O centro comercial Carrefour de Lugo pechou a súa gasolineira. Desde este martes pola mañá varias cadeas e unha barreira cortan o acceso á instalación, cumprindo así con a primeira parte da sentenza xudicial que obriga ao centro a pechar a instalación e a repor a legalidade. 

O peche prodúcese apenas cinco días despois de que transcendese que o Concello de Lugo decretara o 31 de decembro o peche da estación de servizo para cumprir a sentenza xudicial.

A gasolineira, que empezou a funcionar no 2015, estivo no ollo do furacán os últimos anos. No 2017 o Xulgado Contencioso-administrativo de Lugo sinalou que a estación de servizo non cumpría a legalidade. A empresa presentou entón un recurso ante elTribunal Superior de Xustiza de Galicia, pero este ratificou o ditado en primeira instancia. Como último paso, Carrefour acudiu ao Tribunal Supremo, pero este non admitiu un recurso de casación, converténdose así en definitiva a sentenza. 

Fontes de Carrefour sinalaron esta mañá que pecharan a gasolineira atendendo ao decreto do Concello e que continúan traballando para que os lucenses poidan dispor dunha estación de servizo no centro comercial