O Castro de Santa María de Cervantes será ampliado con máis escavacións

Suso Varela Pérez
suso varela LUGO / LA VOZ

LUGO

El área arqueológica del Castro de Santa María de Cervantes es muy amplia
A área arqueolóxica do Castro de Santa María de Cervantes é moi ampla XUNTA

A Xunta anuncia traballos de limpeza e consolidación para mellorar a visita a este xacemento BIC do século I d.C.

27 sep 2020 . Actualizado ás 15:09 h.

A Xunta anunciou este venres que realizará novas actuacións de limpeza, conservación e consolidación no Castro de Santa María de Cervantes. Así o avanzou a directora xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Ínsua, na súa intervención na Comisión 4ª de Educación e Cultura do Parlamento, e na que puntualizou que os traballos comezarán na primeira semana de outubro e terá un prazo de execución de tres meses.

En concreto, detallou que as tares permitirán a restauración de área escavada con a finalidade de favorecer a súa visita e posta en valor. Entre as actuacións que se acometerán destacan os traballos de limpeza e roza do conxunto e do xacemento arqueolóxico, así como tarefas de conservación e consolidación de muros, pavimentos e outras estruturas nunha superficie aproximada de 700 metros cadrados.

Tamén, instalarase un panel informativo coas características do xacemento, realizaranse accións de difusión dirixidas tanto aos veciños da zona como a a comunidade científica e interesada no patrimonio cultural galego.

A responsable de Patrimonio Cultural do goberno galego explicou que ademais das citadas accións, trabállase no futuro en novas escavacións arqueolóxicas que permitan ampliar o coñecemento científico do xacemento e aumentar a área de visita.

Poboado do século I, vinculado aos xacementos de ouro

O castro de Santa María de Cervantes, declarado Ben de Interese Cultural (BIC) en outubro do pasado ano, é un poboado castrexo romanizado de funcionalidade fundamentalmente mineira, datado nos séculos I e II d.C. O conxunto está integrado, ademais, de por unha igrexa,unha necrópole medieval que se remonta cando menos ao século XIV, e por importantes restos de explotacións mineiras auríferas de época romana na súa contorna máis inmediata.

Precisamente, de cara á súa declaración como BIC, a Xunta promoveu na zona traballos de prospección arqueolóxica e documentación para a súa delimitación que acreditan os valores culturais da zona arqueolóxica do Castro de Cervantes, en especial o seu valor no proceso de transición das culturas prerromanas ao mundo romano.