As citas do Luns de Entroido en Lugo

Suso Varela Pérez
suso varela LUGO / LA VOZ

LUGO

oscar cela

Haberá numerosas festas infantís e concursos de disfraces pola noite

23 feb 2020 . Actualizado ás 12:23 h.

Este Luns de Entroido virá marcado en diferentes concellos da provincia pola celebración de festas infantís e concursos de disfraces pola noite, onde se poñen en xogo importantes premios.

En Lugo cidade haberá mercado tradicional na Praza de Abastos, onde ás 19.00 horas haberá unha festa de disfraces. Haberá charangas polas rúas durante todo o día, desde o mediodía e ata a medianoite. Ás 20.30 horas, no fondo da Praza Maior, Nostrum Cai interpreta «Gatsby remake 2020». No barrio da Milagrosa, na praza, a partir das 19.30 horas haberá música e agasallos para os nenos que acudan disfrazados.

En Palas de Rei, a partir das 16.30 horas, comeza o Entroido infantil, con inchables no polideportivo. Ás sete haberá unha chocolatada. No Corgo, desde as 16.30 ás 20.30 horas, no polideportivo, haberá un festival con inchables, xogos e discoteca móbil para os nenos, ademais de chocolate con churros. En Rábade vivirase desde as 17.00 horas unha festa infantil no centro sociocultural, con música e xogos, ademais de merenda. En Sarria , ás 17.00 horas, festa infantil coa Unión. Tamén, en Litmar, haberá un entroido infantil, con agasallos, música e unha gala de maxia. Comeza ás 16.30 horas. E na mesma sala, ás 23.30 horas, haberá un concurso de disfraces con premios. Ás 22.00 horas, celébrase o Entroido Loseiro, que incluirá música. En Vilalba , no restaurante Montero, haberá un baile infantil que comeza ás cinco da tarde.

En Guitiriz haberá concurso de disfraces a partir das 20.00 nos locais de hostalería. En Xermade , ás 21.30 horas no pavillón, comeza o concurso de disfraces, con música e chocolate quente. En Meira , a partir das 22.00 horas, será o concurso de disfraces, no pavillón municipal. Haberá música para bailar. En Riotorto , a partir das 23.00 horas no pavillón do colexio, celébrase o concurso de disfraces, amenizado con música.