O Breo realiza en León un adestramento co Estudantes de Madrid

I.M.B. LUGO / LA VOZ

LUGO

ALBERTO LÓPEZ

Nogués estará de baixa polo menos tres semanas por un golpe que sufriu ante o Valladolid

20 feb 2020 . Actualizado ás 19:41 h.

Na rolda de prensa que convocou o Breo para anunciar a fichaxe de Brown e repasar a actualidade do club, Tito Díaz comezou dicindo que ve ao equipo «no bo camiño» e que de aquí ao final de liga o obxectivo é «seguir mellorando» para «quedar o máis arriba posible». «Pode pasar de todo porque a última parte do campionato sempre se fai moi longa», subliñou o director xeral antes de informar que Nogués sufriu un golpe no segundo metatarsiano ante o Valladolid e, «á espera de máis probas», estará de baixa polo menos tres semanas.

Adestramento en León

Durante a súa intervención, Tito Díaz tamén informou que o equipo se despraza este venres a León para realizar (13.00 horas) un adestramento conxunto co Estudantes de Madrid. Da expedición celeste formará parte Mateo Sánchez e tamén podería entrar Marinovic, o montenegrino de 18 anos que está cedido no Chantada.

Marca de abonados

No seu repaso, o director xeral do equipo breoganista tamén falou con especial énfase da acollida que tivo a campaña de abonados para a segunda volta. «Acadamos lor 4.000 abonados, o que supón unha nova marca do club na LEB Ouro», sentenciou.