Á venda as entradas para os derbis de final de ano ante Leyma e Ourense

I.M.B. LUGO / LA VOZ

LUGO

Carlos Castro

Dago Pena tamén podería causar baixa este sábado no derbi ante o seu exequipo

20 dic 2019 . Actualizado ás 19:32 h.

Xa é posible comprar entradas para os derbis autonómicos que disputará o conxunto breoganista nas dúas últimas xornadas do 2019. Pódese facer vía online a través da páxina web do club: www.cbbreogan.com. Este sábado, a partir das 19.00 horas, o equipo lucense enfrontarase no Pazo Universitario ao Leyma Coruña coa dúbida, unha semana máis, do rengueante Dago Pena, e unha semana despois, ás 19.15, recibirá ao COB Ourense.