O consorcio de bombeiros aforrou este ano 600.000 euros e investirá a metade no 2020

Xosé María Palacios Muruais
XOSÉ MARÍA PALACIOS LUGO / LA VOZ

LUGO

CEDIDA

Mellorará os parques e as condicións de seguridade do persoal

04 dic 2019 . Actualizado ás 22:16 h.

O consorcio provincial de bombeiros logrou este ano aforros por un importe de 600.000 euros. Ese detalle permitirá realizar o ano próximo investimentos ás que destinará aproximadamente a metade desa cantidade (335.000), e implicará ademais que as dúas institucións públicas que integran o consorcio, a Deputación e a Xunta, rebaixen a súa achega un cinco por cento. Os investimentos dedicaranse a melloras nos parques, repartidos por toda a provincia, e nas condicións de seguridade do persoal, para o que se comprará diverso material.

A Xunta e a Deputación efectúan senllas achegas de algo máis de dous millóns de euros. O pleno do consorcio celebrou na tarde deste mércores un pleno, no que participaron representantes da Xunta, da Deputación e dos concellos.