Aparece no pantano do Carqueixo o Land Rover roubado ao Concello do Corgo

Tania Taboada

LUGO

O traballador municipal que o utilizaba atopou o vehículo esta mañá despois de que alguén lle avisou de que había rodadas de entrada á canteira e a cancilla estaba aberta

08 novs 2019 . Actualizado ás 10:54 h.

Aparece no pantano do Carqueixo o Land Rover do Concello do Corgo, que fora roubado na madrugada do luns ao martes. Un traballador municipal achou o vehículo esta mañá, despois de que o chofer dun camión avisáselle de que estaba forzada e aberta a cancilla de entrada a unha canteira do Carqueixo, e había rodadas no chan. O traballador presentouse no lugar e comprobou que, efectivamente, o coche que se ve mergullado baixo as augas da antiga canteira é o Land Rover municipal do Corgo. Trátase dun vehículo comprado de segunda man comprado en 1994 polo Concello e que xa entón tiña tres anos de antigüidade.