Entregados os premios da campaña de fidelización do comercio de Sarria

La Voz SARRIA

LUGO

LÓPEZ PAZ

Co acto que se celebrou remata a primeira tarefa coa plataforma de fidelización

20 sep 2019 . Actualizado ás 19:45 h.

A Mercería Sarillo e Dimar repartiron sorte durante a campaña de fidelización Club CCU Sarria. Os agraciados foron Esther Gutiérrez e Carlos Fernández, que gañaron dous vales.

Coa entrega de premios finaliza a primeira campaña coa plataforma de fidelización, posta en marcha coa colaboración da Federación Galega de Comercio. En outubro empezará unha nova campaña.

Na entrega estivo presente o presidente da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sarria, Ricardo Arias; as propietarias de Mercería Sarillo, María Luisa García e María do Carmén López; e a de Dimar, María Luz Fernández.