Sofre un accidente cando circulaba en moto sen carné, seguro nin ITV

TANIA TABOADA

LUGO

CEDIDA

Chocou cun turismo na Avenida da Coruña, á altura do 325

25 ago 2019 . Actualizado ás 16:24 h.

Un motociclista foi denunciado onte tras sufrir un accidente na Avenida da Coruña, á altura do número 325. O ciclomotor chocou cun turismo cando o primeiro trataba de adiantar ao segundo. Non houbo feridos, pero tivo que intervir a unidade de atestados da Policía Local e a Policía de Barrio. O motorista circulaba sen permiso de conducir, sen seguro e sen ITV, polo que os axentes inmobilizaron o ciclomotor e ordenaron o seu traslado ao depósito. O condutor enfróntase agora a un xuízo rápido por un delito contra a seguridade viaria e denuncias por circular sen carné e sen ter pasado a inspección técnica correspondente.