Os edís independentes de Monterroso ameazan con ir ao xulgado contra o alcalde

La Voz

LUGO

lgc

Acusan a Gato de crear unha campaña de presión e de acusacións para obrigalos a dimitir

24 ago 2019 . Actualizado ás 19:15 h.

Os tres concelleiros de Independentes por Monterroso que abandonaron ao alcalde, Antonio Gato, emitiron un comunicado despois da celebración esta semana do pleno de organización, no que o rexedor, por decreto, nomeounos tenentes de alcalde. «O que está claro é que todo este armazón é unha xustificación pura e dura para poder gobernar á súa antollo e todo baixo a súa competencia, pois é unha forma de gobernar totalmente autoritaria e ditatorial a de non dar competencias a ningún dos seus concelleiros (competencias que por suposto hai que dar conta ao Pleno e que se asignan vía decreto)», sinalan os concelleiros Luis Mariño Castro, Rocío Seijas e Germán Vázquez.

Os tres edís sinalan que desde Gato e a súa contorna estanse realizando manobras «para presionarnos a dimitir». Poñen varios exemplos de WhatsApps ou de declaracións na que se indican que se ían por un posible pacto co PP, ou utilizando o medio 21noticias «para difundir e propagar que o PSOE prepara unha moción de censura en Monterroso para ocupar a alcaldía co apoio dos tres concelleiros disidentes e que entre os acordos uno dos concelleiros disidentes sería tenente alcalde con dedicación exclusiva, con soldo de 25.000 euros e o resto soldo de 12.000 euros. non lles parece sospeitoso?». Mesmo falan de que se han creador perfís falsos nas redes social para desprestixialos.

Por este motivos, os tres edís sinalan que os comentarios «lesionan a nosa dignidade, menoscabando a nosa fama». Piden a revogación das acusacións e as desculpas públicadas: «De non ser revogadas, verémonos na obrigación de tomar as oportunas medidas legais».

Os tres edís din sentirse fortes e que non pensan dimitir: «non imos consentir que se goberne Monterroso desde Lugo, nin tampouco que se siga contribuíndo ao desprestixio, á falta de dignidade e imaxe do propio Concello. XA ABONDA DE MANIPULACIÓN», rematan o comunicado