Novas bandas confirmadas para o Caudal Fest 2019

Gloria G. Viveiro LUGO/ LA VOZ

LUGO

Carlos Castro

A organización acaba de pechar o cartel coas incorporacións de  Denom, Marem Ladson, ORTIGA, The Rapants e Deleiba

16 sep 2019 . Actualizado ás 21:33 h.

Queda menos dun mes para que empeza a segunda edición do festival Caudal Fest. O cartel deste ano vén cargado de coñecidos artistas como Izal, Marea, O Adhesivo ou a M.Ou.D.A., aos que se lles suma as recentemente anunciadas incorporacións de Denom, Marem Ladson, ORTIGA, The Rapants e Deleiba. Con estes novos artistas o cartel queda pechado e a programación para o festival será:

Venres 20 de setembro: Marea, O Adhesivo, A M.Ou.D.A.,Toteking, Denom, Marem Ladson, Os Bengala, Bocanada e Deleiba.

Sábado 21 deseptiembre: Izal, Beret, Xoel López, Carolina Durante, Holywater, Ortiga, Agoraphobia, The Rapants, Tigre e Diamante e Galician Army.

O festival leva xa un 80% das entradas vendidas e acaba de anunciar que este ano contará con dous escenarios para gozar das actuacións dos artistas. Co cartel xa pechado os abonos aínda se poden adquirir na web por 55 euros para o festival completo ou 35 por cada día solto.