O PP pregunta como afectaría a Lugo a peaxe en autovías

X.M.P. LUGO / LA VOZ

LUGO

ALBERTO LÓPEZ

Os populares sosteñen que prexudicaría a industrias e a transportistas

20 ago 2019 . Actualizado ás 13:06 h.

Jaime de Olano e Joaquín García Díez, deputados do PP no Congreso por Lugo, queren que o Goberno explique como afectaría á provincia a implantación da peaxe en autovíasde titularidade estatal. Esa medida, insinuada recentemente polo executivo de Pedro Sánchez, tería repercusión en senllos tramos da A-6 e da A-8, cuns 200 quilómetros en total entre ambos. Para o PP, esa proposta debe aclararse en canto a contías e percorridos que se verían afectados, aínda que o PP sostén que a medida sería prexudicial para industrias e para transportistas.