Noa Díaz, medalla de bronce na copa de España

La Voz MONFORTE / LA VOZ

LUGO

CEDIDA

21 jul 2019 . Actualizado ás 20:31 h.

A piragüista monfortina Noa Díaz conquistou a medalla de bronce na copa de España de novas promesas que se disputou na localidade leridana de Sort. A deportista do club Quixós logrouna na proba de C-1. Así mesmo, tamén se adxudicou a cuarta posición en K-1. Nesta modalidade quedou a un segundo de acceder ao podio.

Con esta medalla de bronce, a nova promesa monfortina está a certificar unha excelente tempada. «Estou moi contenta, porque conseguir unha medalla nunha competición con tanto nivel non resulta sinxelo. A clave estivo en controlar en todo momento a proba, na que me dosifiquei bastante, sobre todo ao principio», comentou Noa Díaz.

Despois desta competición, tanto a piragüista monfortina como os seus compañeiros comezarán a preparar outra competición nacional, que afrontarán na localidade leonesa de Sabero dentro de dúas semanas.

A súa compañeira do club Quixós, Ximena Prats, non puido pasar ás finais. O sábado conquistou a segunda e a terceira praza nas modalidades de C-1 e K-1, resultados que non lle serviron para competir polas medallas. A pesar diso, Prats estivo á altura na copa.