Rouban 300 euros a un peón que lles ía dar un donativo

tania taboada LUGO / LA VOZ

LUGO

ÓSCAR CELA

14 jun 2019 . Actualizado ás 20:33 h.

A Garda Civil detivo en Castro a dous romaneses por lesionar e roubar a un peón que lles ía dar un donativo. Os feitos ocorreron na Fonsagrada onde os autores solicitaban diñeiro e firmas aos viandantes como apoio a un suposto menor enfermo. Cando a vítima lles ía a dar 10 euros, un dos detidos empurrouno contra a parede e rouboulle 300 euros. As dúas persoas foron arrestadas.