Fomento licita as obras do Centro de Visitantes na contorna do Castro de Castromaior

M.D.C LUGO / LA VOZ

LUGO

cedida

O importe de licitación da obra, integramente financiada polo ministerio de Fomento, ascende a 311.347 euros

30 abr 2019 . Actualizado ás 13:38 h.

O Ministerio de Fomento licitou xa as obras do Centro de Visitantes na contorna do Castro en Castromaior, Portomarín, tal e como publica hoxe o BOE. O importe da licitación da obra, que será financiada na súa integridade polo ministerio de Fomento, ascien¡da os 311.347 euros.

As obras inclúense no marco dun conxunto de actuacións que teñen como obxectivo principal a mellora do Camiño de Santiago ao seu paso por dez municipios das provincias da Coruña e Lugo. As obras iniciaranse no outono do 2019 e prevese un prazo de execución de ano e medio.

Descrición das obras

Situado na delimitación do ben de interese cultural Camiño Francés (Patrimonio Cultural pola UNESCO desde 1993), o inmoble terá unha superficie construída de 322 metros cadrados. Será unha porta ao coñecemento e visita do Castro de Castromaior, á vez que xorde como alto no camiño, un atrio protexido do sol e da choiva.

Empregarase para a súa construción, muros de formigón ciclópeo e as cubertas vexetais con vigas de formigón na súa coroación.