Moexmu pecha esta edición con 15.000 visitas

La Voz LUGO / LA VOZ

LUGO

A feira gandeira de Muimenta pechou esta tarde tras dous días de actividades

07 abr 2019 . Actualizado ás 17:58 h.

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e a Subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez López, participaron hoxe na clausura oficial da XXXV Mostra Exposición de Muimenta, a XXXIII Exposición de Gando de Rubia Galega, do XXXIII Concurso de Gando Frisón e a XXIII da Poxa de Gando Selecto.

Durante esta fin de semana, ao redor de 15.000 persoas acercáronse a comarca da Terra Chá con motivo desta cita. Os visitantes, ademais de acudir á feira, puideron achegarse ao Museo das Zocas, un espazo de grande interese etnográfico situado no conxunto artístico da Igrexa Vella de Muimenta.

Dúas xornadas nunha zona comercial de 20.000 m2 con expositores de artesanía, maquinaria agrícola, alimentación, e outros produtos relacionados co sector agrogandeiro.