O Ensino segue penando pola liga

Loly Vilares

LUGO

Carlos Castro

O cadro lucense encaixou a súa sexta derrota consecutiva ante o Sant Adriá

24 mares 2019 . Actualizado ás 19:24 h.

SANT ADRIA 70:  López (9), Pena (10), Coulibaly (16), Parks (8), Jovanovic (5) - quinteto inicial - Ayuso, Vila (1), Carrillo, Keita (11) Simmons (10)

DURÁN MAQUINARÍA ENSINO 60: Breedlove (6), Miller (9), Nyingifa (17), Salvadores (4), Ou'Dwyer (8) - quinteto inicial - Gómez (8), Novo (5), Calvelo, Aliaga, Tagliamento (3)

Parciais: 17-14 / 24-18 / 13-13 / 16-15

Árbitros : Carlos García, Roberto Lucas e Maria Cortés

Incidencias: Partido celebrado no Pavillón Municipal Marina Bésos con moi boa entrada

Sexta derrota consecutiva do Durán Maquinaría Ensino que non soubo enfrontarse ás ganas dun Snatt's Femeni Sant Adria que practicamente está descendido pero que se aferra a calquera mínima oportunidade de evitalo.

Excepto os primeiros catro minutos en que o Ensino estivo por diante no marcador, o resto do partido foi dominado polas catalás a pesar do seu pouco acerto nos triplos. Coulibaly podía con Miller na zona e o acerto lucense estaba baixo mínimos fallando canastras doados.

Un exemplo está nos dous primeiros puntos de Nyingifa que os anotou despois de máis de quince minutos de partido.

Chegouse ao descanso cun claro 41-32 para as locais e á volta do vestiario houbo unha minireaccion do Ensino cun parcial de 0-4 que se descubriu como unha miraxe en pouco máis de tres minutos en que unha canastra de Simmons (50-39) puña a vantaxe nun máis 11 no luminoso a favor de Sant Adria.

No último cuarto mesmo correu perigo o +17 do basket average a favor do Ensino pero finalmente o resultado despois dos 40 minutos quedou en 70-60 o que significa que aínda que o Durán Maquinaría Ensino perda os próximos e últimos dous encontros, en caso de empate o average está gañado e a permanencia asegurada.

Sinalar que hoxe volveron á pista, despois de varias semanas de baixa por lesión, Breedlove, Arantxa Novo e Angela Salvadores.