Redivo viaxará a Arxentina e negocian para que non xogue

Ricardo Hevia / X.R. P. LUGO .

LUGO

Daniel Marzo

Representantes da federación e do Breogán reuníronse en Madrid para acadar un acordo

16 feb 2019 . Actualizado ás 12:11 h.

O Cafés Candeas Breogán estaba a última hora da tarde de onte negociando con representantes da Federación Arxentina de Baloncesto, entre eles o propio seleccionador, Sergio Hernández, que Lucio Redivo non teña que disputar ningún dos dous partidos nos que o combinado nacional medirase con Porto Rico e Estados Unidos a próxima semana.

O aleiro arxentino foi convocado recentemente para formar parte da selección nacional e disputar os dous últimos encontros de clasificación para o Mundial de China , torneo para o que o equipo suramericano xa está matematicamente clasificado, polo que consideran que o concurso de Redivo, que sofre molestias musculares non sería necesario e por iso piden aos responsables da federación que o liberen.

A pretensión do club era que o xogador fose liberado do seu compromiso e xa non tivese que viaxar ao seu país, pero nas últimas horas xurdiu un contratempo que fixo inviable esta pretensión do equipo. O avó de Lucio Redivo está afectado dunha grave enfermidade e o xogador determinou que quere viaxar ao seu país para visitar ao seu antepasado .

O máis probable, aínda que aínda non se coñecía un resolución definitiva, é que Redivo viaxe os próximos días a Arxentina unicamente para visitar á súa familia nuns momentos complicados para eles e que non acuda ao a convocatoria coa selección nacional. A solución final coñecerase hoxe.

Lucio Redivo leva unha boa parte da tempada afectado de molestias que lle impiden render ao seu nivel habitual e club e xogador pretenden que repouse no parón para que se recupere por completo