Charla de amigos e vitoria do Breo

Tito Díaz LUGO .

LUGO

ALBERTO LÓPEZ

14 feb 2019 . Actualizado ás 18:31 h.

Viaxe mañanero de domingo a Lugo para participar xunto a Juan Carlos Castro e Pepe Laso, un lujazo, no merecido e sentida homenaxe a Cristina Seijo. Despois comida de «os relatores» xunto a adestradores lucenses e Carlos Outeiros, director deportivo da Fgb organizadora da homenaxe, acompañada dunha moi agradable e interesante charla sobre o noso, o baloncesto, por certo escoitar a Pepe Laso é formarse en sentido común baloncestístico.

Ao café agregouse Suso Lázare, o presi do Breo, naquel momento «en capela» e recoñecendo, niso coincidiamos todos, que ía ser un partido durísimo, pero a verdade é que estabamos con boas sensacións, non se se por exceso de «breoganismo», o caso é que logo no partido cumpríronse. Enerxía positiva poderíaselle chamar.

E efectivamente, o Breogán gañou, e creo que merecidamente a pesar de non xogar especialmente ben (non foi un partido brillante), e de non estar nada ben no triplo (8/29 un 27%), aínda que coa excepción de Brown (2/4) ademas de 12 rebotes!, e sobre todo de Salva Arco (3/5) que exerceu de capitán, e con galóns, cando o partido se decidía.

Pero no que si estivo moi ben o Breo foi no rebote, dominándoo claramente nas dúas canastras (47-32) sobre todo o ofensivo con 16 !, aí o capitán foi Gerun con 10 rebotes, ¡7 ofensivos!, á parte de 20 puntos, conseguiu máis puntos e rebotes o só que todos os pivotes de Murcia xuntos...

E quizais, ou sen quizais, ese dominio do rebote foi a clave da vitoria, sen dúbida dominar a pintura dáche moitos números para dominar o partido.

En fin, que ir a Lugo, dar unha charla a adestradores de baloncesto con moitas ganas de escoitar, atoparse cos amigos, vivir o extraordinario ambiente do Pazo, sufrir e finalmente gozar vendo gañar ao teu equipo, pois é un magnífico xeito de pasar un domingo. A viaxe de volta ata se fai máis curto. ¡Forza Breo!