O concurso de gando de xa Moexmu ten xuíz

X.M.P. VILALBA / LA VOZ

LUGO

PALACIOS

Santiago García Souto intervirá este ano por primeira vez no certame de Muimenta

12 feb 2019 . Actualizado ás 17:45 h.

A comisión organizadora da Mostra Exposición de Muimenta (Moexmu) anunciou esta mañá o nome do xuíz do concurso de gando. Santiago García Souto, do municipio coruñés de Touro, realizará esa función. Será esta a primeira vez que interveña no certame de Muimenta, que se celebrará do 5 ao 7 de abril. García Souto ten unha explotación de gando que logrou importantes premios en concursos do sector, e participou ademais como xuíz en competicións nacionais e internacionais.