Un encontro para despexar dúbidas

Ricardo Hevia LUGO .

LUGO

ÓSCAR CELA

01 feb 2019 . Actualizado ás 17:12 h.

Semana movida para un equipo que tras 4 vitorias estaba moi cómodo na clasificación e todo parecía sorrirlle, tres derrotas consecutivas cambiaron todo e, ademais, deixaba pendente o rendemento de dúas fichaxes que a verdade sorprenderon. Ningún era un cinco que suplise ao que se foi. Un deles, Dragicevic, non vai ter ocasión de sacarnos de dúbidas, a súa lesión parece descartarlle, talvez definitivamente. Millsap, en cambio está sinalado e baixo sospeita, o seu rendemento ha ir decrecendo e a súa indolente actitude o sábado anterior puntualmente sinalada polo seu adestrador hanlle deixado en evidencia, tendo en conta, ademais, que ocupa unha das dúas prazas extracomunitarias. Dito doutro xeito, unha das dúas prazas que teñen que ser fundamentais no rendemento do equipo. Se rectificar é de sabios, o club ten agora unha boa ocasión de equilibrar o persoal con alguén que impoña respecto baixo os aros.

O certo que neste vórtice de comentarios, noticias falsas e de inquietude o calendario non dá respiro. Á vista dous partidos transcendentais, Zaragoza e Murcia, o primeiro hoxe no Príncipe Felipe , supomos que se tomou nota de como nos masacraron Mac Calleb, se é que xoga e Berhanemesl, sen esquecer a Nacho Martín. É unha desas canchas onde hai que ir con todo en busca dunha vitoria que volve ser urxente, entre enfermidades, desidias e lesións non sabemos como terá sido o traballo, pero si sabemos que lle necesidade obriga. Tecnyconta gañounos no Pazo e estivo a piques de provocar unha tormenta, pero a pesar da derrota algo quedou claro, non son mellores que nós e, por certo, aquel encontro disputouno Jordan, pero non tivo ningunha influencia positiva, 6 puntos e 2 rebotes, foron a súa achega, queda claro que sen o hai que manter a esperanza de conseguir a vitoria.