Os nenos divírtense ao son de «Radio Bulebule»

Marta de Dios Crespo
MARTA DE DIOS LUGO / LA VOZ

LUGO

Óscar Cela

27 ene 2019 . Actualizado ás 22:05 h.

Paco Nogueiras amenizou o domingo para os máis pequenos no centro comercial As Termas. O público familiar gozou co seu espectáculo «Radio Bulebule» que mestura de forma xenial o xénero musical de radio en directo co humor, o baile e as propias cancións. A cita estivo enmarcada nos «Domingos Musicais».

Por outra banda, remataron onte as homenaxes a San Vicenzo que ocuparon toda a fin de semana en Rábade. Co mexillón de novo como protagonista, ao mediodía celebrouse unha misa cantada polo coro Crisanto e despois houbo dobre sesión musical a cargo da orquestra Xacobeo.