Unha muller caeu debido ao xeo e perdeu o control do carriño do seu bebé nunha pendente

Lugonovo pide urxentemente ao goberno un plan eficaz para facer fronte ás xeadas


Unha nai perdeu o control do carriño do bebé que conducía na pendente situada nas proximidades do Centro de Saúde de San Roque. A muller caeu ao chan debido á existencia de xeo e o cochecito comezou a rodar costa abaixo ata que uns viandantes conseguiron agarralo e evitar problemas graves á criatura que ía no interior. Desta situación tivo constancia a concelleira portavoz de Lugonovo, Cristina Pérez. A formación de esquerdas reclama ao equipo de goberno local un plan eficaz de loita contra as xeadas que durante as últimas semanas fallou en moitas zonas nas que se produciron polo menos trinta caídas, só na mañá do pasado luns.

“Cremos que, a pesar da claridade das advertencias feitas dende os servizos meteorolóxicos que prognosticaban unha vaga prolongada de frío en toda a provincia, o goberno non estivo a altura das circunstancias. Unha vez máis erraron na previsión e mesmo semella que escatimaran en recursos á hora de precaver accidentes”,expresou Cristina Pérez. A concelleira asegura que interpelase ao executivo municipal nas próximas comieiones para que explique quen se encarga do dispositivo na zona urbana, "e sobre todo, se dentro dela existen contornas ou rúas prioritarias atendendo a factores de perigosidade como os condicionantes topográficos ou as dificultades de mobilidade peonil nas que derivan"

Coñece toda a nosa oferta de newsletters

Creamos para ti unha selección de contidos para que os recibas comodamente no teu correo electrónico. Descobre o noso novo servizo.

Votación
5 votos
Comentarios

Unha muller caeu debido ao xeo e perdeu o control do carriño do seu bebé nunha pendente