A Deputación ofrece axudas para recuperación de terras abandonadas

X.M.P. VILALBA

LUGO

CEDIDA

Pon en marcha unha liña de axudas dotada con 300.000 euros

14 ago 2018 . Actualizado ás 20:14 h.

A Deputación ofrece axudas a gandeiros e a agricultores que se interesen pola recuperación de terras abandonadas. Campesiños a título individual, agrupacións de produtores, sociedades ou outras persoas xurídicas que teñan polo menos unha hectárea de terreo (en propiedade, en alugueiro ou como consecuencia dunha cesión ou dunha doazón) poderán aspirar a esas axudas.

Segundo detallou esta mañá o presidente do organismo provincial, Darío Campos, a linea de axudas está dotada con 300.000 euros. A subvención será de 500 euros por hectárea, cun máximo de 9.000 euros a cada beneficiario. A previsión da Deputación apunta a que o prazo de presentación de solcitudes ábrase a finais deste mes ou a principios do próximo. As plantacións forestais quedan fóra desta liña de axudas.