Morre o septuaxenario, atropelado por un turismo no Páramo en xuño

La Voz LUGO / LA VOZ

LUGO

ALBERTO LÓPEZ

Será enterrado hoxe en en San Vicente

14 jul 2018 . Actualizado ás 10:34 h.

Jesús López López, o septuaxenario atropelado no lugar de San Vicente, no Páramo, o pasado 8 de xuño, faleceu onte no HULA. O peón, que foi arroiado por un turismo que conducía unha muller, que foi acadalo fóra da estrada, permaneceu na Unidade de Coidados Intensivos do hospital lucense desde o día do accidente. O falecido será enterrado esta tarde, no panteón familiar da igrexa de San Vicente do Páramo. A capela ardente está instalada no tanatorio de Portomarín. A comitiva fúnebre, hoxe, ás sete da tarde, cara ao cemiterio.