Axudas da Xunta a 15 bibliotecas escolares de Terra Chá

X.M.P. VILALBA

LUGO

A cantidade destinada á mellora desas instalacións foi de 26.800 euros

04 jun 2018 . Actualizado ás 21:23 h.

Un total de 15 centros docentes da comarca recibiron axudas da Xunta dentro do plan de mellora de bibliotecas da Xunta, cun orzamento total de 26.800 euros. Os incluídos son o IES Trapero Pardo (Castro de Ribeiras de Lea, 1.950 euros), erl CPI Virxe do Monte (Feira do Monte, 1.950), o IES Díaz Castro (Guitiriz, 1.800), o CPI López Suárez (Friol, 1.100), o CEIP Lagostelle (Guitiriz, 1.200), o IES Pedregal de Irimia (Meira, 1.100), o CEIP O Salvador (A Pastoriza, 1.100), o IES Río Miño (Rábade, 1.200), o CEIP Insua Bermúdez (Vilalba, 1.300), o CEIP Terra Chá (Román, 1.000), a Escola de Educación Infantil (Vilalba, 1.000), o IES Pena Novo (Vilalba (1.300), o IES Basanta Silva (Vilalba, 1.700), o CEIP Ramón Falcón (Castro de Rei, 5.600) e o CEIP Santo Estevo (Parga, 3.500).

A convocatoria de axudas para o próximo curso péchase o vindeiro sábado.