Un escape de gas obriga a desaloxar un edificio de San Marcos

La Voz

LUGO

cedida

Os veciños puideron volver ás súas casas despois de que un técnico de gas resolvese o problema

24 sep 2017 . Actualizado ás 23:18 h.

Os veciños da rúa San Marcos número 21 foron desaloxados sobre as catro da mañá das súas casas. Un forte cheiro a gas e o son dunha fuga obrigaron a tomar esta decisión, para previr males maiores e en tanto non comprobaron a orixe do problema nin as súas dimensións. 

Ao lugar desprazáronse tamén os bombeiros, que non tiveron que intervir. 

As familias puideron volver ás súas casas unha vez que un técnico de gas solucionou o problema e ventilaron as vivendas. No desaloxo participou o Grupo Operativo de Resposta Rápida da Policía Nacional.