Piden a inclusión de cinco árbores bicentenarias de Muimenta no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia

La Voz

LUGO

Son catro carballos e un fresno que hai no campo da vella igrexa e da escola unitaria restaurada

14 abr 2013 . Actualizado ás 21:12 h.

A asociación cultura de Muimenta, Xotramu, solicitou a inclusión de catro carballos e un fresno de máis de douscentos anos de existencia cada un deles no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia. Os cinco exemplares atópanse no campo da festa de Muimenta, onde tamén están a vella escola unitaria, agora restaurada e a igrexa, que están a recuperar os veciños co seu traballo.

No campo no que están as árbores que presenten incluír no catálogo da Consellería de Medio Ambiente atópase o museo escola, que se pode visitar para comprobar como eran as antigos escolas unitarias desde o reinado de Alfonso XIII.