Sekiam - «Pokémon a nivel competitivo»

Mario Seijas

ESPORTS

Sekiam
Sekiam Youtube

Falamos co xogador profesional de Pokémon Miguel Martí (Sekiam)  para que nos conte como funciona a relación deste xogo cos eSports

20 abr 2018 . Actualizado ás 16:08 h.

Continuamos cunha nova entrega da nosa sección de entrevistas, un espazo en vídeo dedicado á charla e o debate, con opinións das personalidades máis influentes en videoxogos e tecnoloxía. Hoxe tócalle a quenda a Miguel Martí, máis coñecido como Sekiam no mundo competitivo de Pokémon. Sekiam leva competindo varios anos, e durante a súa carreira, logrou senllas vitorias a nivel nacional e mesmo se proclamou en 2014 como o sexto mellor xogador de Pokémon do mundo. Nesta entrevista cóntanos as súas experiencias persoais e explícanos como funciona a nivel competitivo un xogo tan clásico como é Pokémon.

A modalidade competitiva de Pokémon ten moito que ver co xadrez