Otero pregunta a Taboada polas xestións de tres meses para desatascar un sumidoiro

La Voz LALÍN / LA VOZ

TABOADA

miguel souto

22 sep 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

O PP de Vila de Cruces sae ao paso das declaracións do rexedor ao redor dos labores para acabar coas verteduras de San Pedro de Losón. O portavoz popular, Jesús Otero, acusa a Taboada de faltar á verdade sinalando que non entenden que tipo de rozas tivo que facer para acceder á tapa do sumidoiro alegando que puido chegar ata el no coche oficial. Pregúntanse que xestións tivo que facer o rexedor, di, para acúsao de facer «oídos xordos» ás queixas do propietario do prado e de «culpar da súa incompetencia á xestión do mantenemento da depuradora de Losón».

Otero sinala que á depuradora facíaselle un seguimento de funcionamento unha vez por semana, catro veces ao mes, a través do concelleiro de Vías e Obras e de persoal do mesmo departamento para resolver os problemas que puidesen xurdir.

En canto ao camiño de Sabrexo, Otero insiste en que o proxecto o fixo e adxudicouno o goberno do PP e Taboada «soamente tiña que xestionar a súa realización». Respecto dos contratos de servizos, Otero indica que o PP deixou feito o expediente de concurso público de xestión da auga, rede de sumidoiros e mantemento de todas as depuradoras e o rexedor «ou ten parado ó igual que fai con outros contratos» e considera que Taboada é «un alcalde feito a cachos» sen solidez de goberno.